Arco palmar arterial superficial da man
Aparencia
O arco palmar arterial superficial da man é un arco arterial do membro superior humano, pertencete á man. Está constituído pola arteria cubital, que xunto, co nervio cubital entra na man pola zona medial do pulso. Esta arteria sitúase entre o músculo palmar curto e as vainas flexoras. Vai por fóra do nervio cubital e do pisiforme. Na zona máis distal, a arteria cubital pasa por dentro do óso ganchudo e despois xira cara a fóra, cruzando toda a palma, constituíndo o arco palmar arterial superficial da man. O arco comunícase coa póla palmar da arteria radial.
Pólas
[editar | editar a fonte]O arco superficial aporta tres grandes pólas para a vascularización da man, son as arterias dixitais palmares comúns e unha arteria dixital palmar na zona medial do maimiño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)